O Hierros Varela Urbieta consegue unha contundente vitoria en Bueu

O Hierros Varela Urbieta, visitaba o pasado sábado o pavillón Pablo Herbello De Bueu na que era a oitava xornada da División De Honra. O conxunto bergantiñán partía coa ilusión de conseguir o seu segundo triunfo na competición ante o Bueu Atl. BM, un equipo que aínda non conseguíu estrear a súa marcadora de puntos, pero ante o cal, as de Xiria sabían que terían que mellorar o seu nivel competitivo para conquistar esa ansiada vitoria.

As carballesas non defraudaron nesta ocasión e aos cinco minutos xa dominaban o marcador por un parcial de 0-4. O control do partido a cargo do Hierros Varela Urbieta foi absoluto, como así o testemuñan os dez goles de diferenza que separaban a un equipo e outro ao termo do primeiros trinta minutos (12-22).

O segundo acto foi plácido para as de Carballo, que continuarían aumentando a súa vantaxe a medida que transcorrían os minutos. Todas as nenas participaron activamente nunha vitoria que levanta ás de Xiria ata o noveno posto da clasificación e mostraron unha clara melloría na intensidade e actitude competitiva con respecto á anterior xornada.

Bueu Atl. BM: 18 (12+6). Lucía Louzao (4), Carla Ferradás, Carla Soliño (8), Diana Ogando, Maica Morgado (1), Paula Escribano, Carmen Villar, Rocío Novas, Nuria Argibay, Gabriela Reiriz (4), Lucía Torres, Laura Agulla, Sofía Giraldez (1), Aurora Cerviño, Uxía Arias, Sara Durán, Lucía Portela.

Hierros Varela Urbieta Xiria. 38 (22+16). Lucía Lema (p), Helena Collazo (p), Natalia Cancela (2), Lucía España (3), Valeria Figueroa (6), Marta Gómez (9), Anna Mª Hernández (4), María Patiño (4), Nina Pereira (3), Nerea Varela, Uxía Suárez, Stefanía Landri, Nerea Pose, Lara Otero (7).

Colexiado: José Mª García. Ben, Sen complicacións.

Parciais cada 5´: 0-4/ 2-7/ 4-10/ 5-14/ 8-17/ 12-22/ Descanso / 14-24/ 14-26/ 15-30/ 15-31/ 17-34/ 18-38.

Incidencias: Oitava xornada da División De Honra en categoría feminina cadete. Partido celebrado na mañán do Sábado pasado no pavillón Pablo Herbello de Bueu ante cincoenta siareiros, algúns deles desprazados dende Carballo.