O Hierros Varela Urbieta debuta con vitoria na Liga de Ouro

As nosas xogadoras xuvenís comezaron con moi bo pé a segunda fase do campionato ante o Seis do Nadal no encontro desputado o sábado ás 12:15 no CEIP Fogar. Nunha fría mañá en Carballo, o Xiria dominou o encontro dende o comezo, apoiado nunha forte defensa 5:1 de inicio que propiciou numerosos roubos de balón que facilitaron accións de contraataque con boas finalizacións dende os 6 metros. Xa no minuto 10, as nosas mandaban no marcador por 9 goles de diferenza (13-4) a manterían o ritmo no marcador ata o descanso con resultado de 23-14.

Co comezo da segunda parte, o equipo sempre foi a máis, apoiado agora nunha sólida defensa 6:0, que as xogadoras da cidade olívica non foron quen de superar, e no xogo de continuidade en ataque con boas progresións que facilitaron claras finalizacións dende a segunda liña. O gran traballo de todas as xogadoras durante os adestramentos quedou reflexado ó longo do partido, sendo superiores en todas as facetas do xogo, onde o resultado final foi de 38-20.

Moi bo partido de todo o equipo onde desfrutaron do balonmán e que serve de impulso para afrontar o próximo encontro ante o Carballal.

HIERROS VARELA URBIETA XIRIA 38 (23+15) 

Valeria Figueroa (2), María Patiño (2), Nerea Varela (6), Natalia Cancela (4), Lucía Lema (p), Duna Barca (2). Lara Otero (11), Marta Gómez (3), Elena Collazo (p), Lara Hernández (2), Alba García (2), Nerea Pose (4)

SEIS DO NADAL – COIA 20 (14+6)

Ana Figueras (p), Ana González (4), Zoe Willecke, Irene Favilla (3), Andrea Pardo (3), Vania Pijuan (2), Andrea Lois (4), Uxía Pérez (2), Noelia Sánchez, Sara María Rodríguez, Nerea Mora (1), Lucía Veiga (1), Ángela González.