O Hierros Varela Urbieta gaña nun partido para o recordo

Á terceira foi a vencida. Tras os encontros de Copa e de Play-off, as nosas xuvenís conseguiron a súa primeira vitoria fronte ó Calfrima Carballal. 

Quinta xornada de liga, o Xiria chegaba coas mesmas vitorias que derrotas e sen catro xogadoras para xogar ante un dos rivais máis fortes. Isto non amedrentou ó Xiria que foi quen de ir por diante no marcador case todo o encontro, grazas a unha intensa defensa apoiada por paradas de moito mérito de Lucía Lema. O bo xogo en ataque, deixaba situacións moi claras para a primeira liña e a confianza de todo o equipo permitía chegar ó descanso 14-12.

Trala volta dos vestiarios, a defensa do Xiria seguía a frenar o ataque olívico, pero o 6:0 rival era cada vez máis feble a renda aumentouse ata os cinco goles (22-17). Tras un tempo morto visitante, as vigueses mudaron a defensa a 3:3, por momentos individual, e os nervios do Xiria propiciaron sucesivas perdas de balón que levaron o encontro ó empate. A fiabilidade de Marta nos lanzamentos de 7 metros, as accións indivuais de Duna e as paradas, esta vez de Elena, non permitiron ó Carballal darlle a volta ó marcador.

Resultado final de 30-28 nun partido memorable de todo a plantilla e que asenta o Hierros Varela Urbieta na parte alta da táboa.