O Hierros Varela urbieta imponse con autoridade ao EDM. Salceda

O Hierros Varela Urbieta Xiria, que viaxaba con numerosas baixas de efectivos por lesión, superou este factor e impúxose de forma clara ao conxunto de Salceda de Caselas EDM Salceda. As carballesas mostráronse superiores e foron sempre por diante no marcador, iniciando o encontro cun parcial de 1-5 que obrigaba ao técnico local a esgotar o seu primeiro tempo morto nos instantes iniciais.

Os erros de pase e as perdas das de Xiria, xunto ao espírito combativo das locais, obrigarían ás bergantiñás a traballar o encontro ata os instantes finais, un partido que as visitantes xa gañaban ao descanso por 7-11.

No segundo tempo, as de Salceda de Caselas comezaron mellor e mesmo lograron achegarse a tan só dous goles de diferenza, facendo moito dano no ataque posicional co xogo de dous pivotes. O equipo de Hierros Varela Urbieta, que mantería a paciencia e a calma neses minutos, axustaría a defensa co paso do tempo e en colaboración coa porteira lucía Lema, conseguría chegar aos minutos finais cunha cómoda diferenza que iría aumentando ata consolidar ese resultado final de 18-29.

EDM Salceda: 18 (7+11). Sofía Rodríguez (3), Uxía Blanco, Laura Rodríguez (2), Noelia Cabaleiro, Marta R. , Alba Otero (2), Aroa Patiño (2), Antía Rey, Rocío Fernández, Andrea Monteagudo (9), Clara Álvarez.

Hierros Varela Urbieta Xiria: 29 (11+18). Elena Collazo (p), Lucía Lema (p), Valeria Figueroa, María Patiño (4), Nerea Varela (8), Stefanía Landri, Lucía España (2), Marta Gómez (4), Lara Otero (11), Uxía Suárez, Anna Mª Hernández, Coral Ruibal, Natalia Cancela.

Colexiado: Roberto Trigo. Sen complicacións.

Incidencias: 13ªxornada da liga de División De Honra en categoría cadete. Encontro celebrado na mañán do sábado no pavillón municipal de Salceda De Caselas.