O Hierros Varela Urbieta non pode sorprender ao Pabellón Ourense

Pabellón Ourense 34 – Hierros Varela Urbieta Xiria 28 – (16-11)

Era consciente do difícil compromiso que tiña esta xornada o Xiria, medíase a domicilio ao Pabellón Ourense, equipo que marcha primeiro na clasificación e que conta os seus partidos por vitorias.

Un comezo con moitas dúbidas en defensa e demasiada precipitación no ataque, poñía ao Ourense por diante cunha cómoda vantaxe, algo que lastrou o equipo carballés durante o encontro. Pero pouco tardou o Xiria en reaccionar, cerrando liñas na súa defensa e atopando por onde facer dano ao rival, que xogaba incómodo ante un Hierros Varela Urbieta que desplegou variedade e recursos no ataque. Tan so as excesivas exclusións sufridas polos carballeses impedían que non se axustase máis o marcador.

5 goles de vantaxe no comezo da segunda metade e o Xiria foise a polo partido, acentuou a intensidade defensiva e imprimiu maior velocidade ao ataque, pero atopouse cun arbitraxe que castigaba en exceso aos carballeses, 8 exclusións, mentres permitía moito ao rival, ningunha. O Hierros Varela Urbieta tivo que afrontar gran parte da segunda metade en inferiodade numérica o que complicou a remontada.

Pabellón Ourense 34(16) Daniel Doniz e Raul Aldemir (porteiros) Alejandro Larada , Sergio Cruces1, José Colmenero 3, Pablo Romero 3, Luis Chacón 1, Pablo Carballo 3, Mario López 2, Rául Aldemir , Martín Rodríguez 9 e Pablo Martínez 12

Hierros Varela Urbieta Xiria 28 (11): Julio Ferreiro e Pedro Pena (porteiro) Franco Rial 3, Diego Rodríguez 1, Aaron Rodríguez 5, Pablo Esmorís, Manuel Rama, Fernando Mallo 10, Carlos Varela 2, Alex Puñal 2, Javi Rodríguez, Iván Hernández e Toni Calvelo 5.

 

Arbitraron: Inocencio Pérez e Andrés Tejo, prexudicaron claramente ao Xiria