O Hierros Varela Urbieta pecha a liga con derrota en Lalín

O Hierros Varela Urbieta pecha a liga con derrota en Lalín

Décimo oitava xornada da Liga Ouro Cadete Masculina

Embutidos Lalinense 47 – Hierros Varela Urbieta Xiria 38 (23-20)

Na derradeira xornada da Liga Ouro Cadete Masculina o Lalín necesitaba a vitoria e agardar un pinchazo do Cisne na pista do Tui para poder facerse coa Liga, conseguiu o primeiro derrotando ao Xiria pero o Cisne non fallou e proclamouse Campión.
Saíu con moita forza o Lalín e pronto marcou diferenzas, a pesares o Hierros Varela Urbieta soubo sobrepoñerse e co paso dos minutos foi atopando o sitio no encontro, fluidez no ataque, atopando ven ao seu pivote e un pouco máis activo na defensa.
Non lle ía moito ao Xiria no encontro e foise reservando co paso dos minutos para o partido do próximo fin de semana en onde se xogará estar na Final a 4, medirase ao Balonmán Culleredo, campión da Liga Prata, difícil compromiso para o Xiria que xogará a domicilio.

Embutidos Lalinense 47 (23): Mateo López 8, Luis Martínez 7. Luis Rozas 6, Adrián Nogueira 2, Manuel Souto 8, Carmelo Couso 4, Brais Llinares 1, Iago Cuiña 3, Borja García 2, Xoel Rodríguez e Martín Vázquez 6

Hierros Varela Urbieta Xiria 38 (20): Izan Cabeza, Xano Rama e Dani Marta (porteiros) Andrés Pombo 7, Nico Cancela 7, Saúl Fuentefría 3, Alvaro Gómez 1, Marcos Varela 7, Pablo Fraga, Xabi Fernández 2, Nico Mejuto 2, Andrés Pedreira 3, Lucas Mateo 6 e Rubén Nogareda

Arbitraron: Lucía Rodríguez e Sara Gómez