O Hierros Varela Urbieta perde a cuarta praza en favor do Cangas

Decimo sétima xornada da Liga Ouro Cadete Masculina

Hierros Varela Urbieta Xiria 28 Pizzería Baratto Bm Cangas 39 (17-14)

Chegábase ao partido pola loita do cuarto posto que da acceso directo a Final a 4 para acudir ao Campionato de España, o gañador pasaba directamente e o perdedor, o Hierros Varela Urbieta, terá que disputar unha eliminatoria co Campión da Liga Prata o Balonmán Culleredo.
Entrou mellor no partido o Balonmán Cangas, velocidade nas transicións e acerto cara gol, o Xiria por contra entrou trabado, lanzamentos claros parados polo porteiro rival ou aos paos da portería, a vantaxe conseguida polo Cangas veríase neutralizada, o Hierros Varela Urbieta metíase no partido coa chegada do descanso con 3 goles arriba 17 a 14.
A saída do Cangas na segunda metade, velocidade nas accións e anticipación en defensa, noqueou a un Xiria que vía como se lle ía o partido nun suspiro, un parcial de 8 a 0 poñía aos do Morrazo coa directa cara a vitoria, tardou moito en reaccionar o equipo local que se veu superado en todas as facetas do xogo nesta segunda metade, ao final a brecha no marcador sinalou ese 28 a 39.
O Xiria terá que xogar o 28 de abril un partido eliminatoria para poder entrar na Final a 4 da categoría co Balonmán Culleredo.

Hierros Varela Urbieta Xiria 28 (17): Izan Cabeza, Xano Rama e Dani Marta (porteiros) Andrés Pombo 9, Nico Cancela 4, Saúl Fuentefría 5, Marcos Varela 6, Pablo Frag, Xabi Fernández 1, Alvaro Gómez, Nico Mejuto 1, Andrés Pedreira 1, Lucas Mateo 1.

Pizzería Baratto Bm Cangas 39 (14): Marcos Cordeiro, Uxio 1, Doder 3, Señoráns 1, Farradás 9, Simón, Xurxo 15, Xabier 3, Diego, Nicolás, Xabier Cordeiro 1, Aitor 6, Hugo, Rubén e David.

Arbitrou: Henrique Folgoso