O Hierros Varela Urbieta proclámase subcampión

BM MOAÑA – HIERROS VARELA URBIETA XIRIA: https://www.youtube.com/watch?v=v3Zw6W6wglI

HIERROS VARELA URBIETA XIRIA – BM TUI: https://www.youtube.com/watch?v=GT367KjZWSA

HIERROS VARELA URBIETA XIRIA – BM. BRIGANTIUM: https://www.youtube.com/watch?v=XkH2Vdqz5KM

A pasada fin de semana o Hierros Varela Urbieta Xiria viaxou a Moaña para desputar a 2ª fase ou fase final de 2ª división cadete feminino.

O primeiro partido enfrontou ó Bm. Moaña contra o Hierros Varela Urbieta Xiria. Os nervios estiveron presentes no terreo de xogo durante os primeiros intres onde as imprecisións e as pérdidas de balón dominaban sobre o xogo.

As de Carballo comezaron cunha defensa forte que lles levaba a recuperar numerosos balóns pero os erros de pase e de lanzamento impedían que se foran no marcador. As visitantes conseguían unha renda de 3 goles a favor no minuto 15 pero o carácter das locais volvía a apretar o luminoso e chegábase ó descanso cun 14-14 despois dun gol de golpe franco directo.

Na segunda metade cambiaron as tornas, as de Moaña poñíanse por diante e a falta de 14 minutos para rematar o encontro gañaban de 4. Tras un tempo morto a 10 minutos do remate do partido as de Carballo saíron dispostas a quedarse cos dous puntos. O alto ritmo que  impuxeron nos contraataques e a solidez defensiva levaban á remontada chegando ó marcador final de 28-30 a prol das rapazas do Xiria.

O segundo encontro das carbellsas enfrontounas ao Bm. Tui. Nos dous partidos que desputaron ambos equipos en liga a victoria foi para as rapazas do Tui pero neste caso o seu ánimo viña mermado pola derrota do día anterior contra o Bm. Brigantium por 46 a 26.

O partido arrancou cunha defensa intensa das carballesas que propiciaba numerosas recuperación de balón, pero ó igual que o día anterior, os nervios deixábanse ver en erros de pase e lanzamento. A pesares das imprecisións as de verde dominaban o xogo mentras as de Tui buscaban impoñer o seu ritmo e aclarar o seu xogo. Nos últimos 5 minutos do primeiro tempo e despois de varios contraataques seguidos, as do Xiria conseguen unha renda de 6 goles a favor cun marcador de 18-12.

Na segunda metade as do Tui saíron máis centradas e intensas o que propiciaba numerosas recuperacións de balón e o Xiria non era capaz de volver a sentirse cómodo co seu xogo. Tras 10 minutos o marcador era de 22-21. Ata o minuto 50 a igualdade dominou o marcador e daba emoción ó encontro. Os ataques mandaban sobre as defensas e ningún dos dous equipos impoñía o seu xogo. Tras un tempo morto e a falta de 10 minutos para o final ambos equipos saíron a por todas. O potencial físico das carballesas subía a velocidade do encontro e as de amarillo non conseguían frealo deixando que a diferenza no marcador medrara ata o resultado final de 32-27.

O útlimo encontró da fase final para o Hierros Varela Urbieta Xiria sería no derbi coruñés contra o Bm. Brigantium. Co título por decidir, ambos equipo se xogaban todo e a victoria era necesaria para acadar o ansiado primeiro posto.

Ambos equipos comezaron con defensas fortes que dificultaban o traballo en ataque. A igualdade era máxima ata o minuto 15. A partires de aí as do Brigantium sentíronse moito máis seguras e comezaron a dominar o ritmo de xogo. As de Carballo intentaban que a distancia no marcador non fose a máis pero os nervios e o cansancio convertíronse nunha mezcla peligrosa que lles impedía mostrar o seu mellor xogo. O resultado ó descanso foi de 12-17 para as coruñesas.

No segundo tempo o esforzo físico e a intensidade das do Xiria non eran suficientes para apretar o marcador pois a forma física da do Bm. Brigantium marcaba a diferenza. Finalmente o marcador de 26-35 levaba o título de liga cara A Coruña mentras o subcampeonato quedaba en Carballo.

Unha boa fase para as rapazas do Xiria cun balance de 2 victorias e 1 derrota que deixa ver o bó traballo realizado durante a tempada e a súa melloría no xogo. Nas próximas semanas o equipo seguirá traballando duramente á espera do comezo da copa na que agardemos teñan moita guerra que dar.