O Hierros Varela Urbieta volve retoma o camiño da vitoria

O Hierros Varela Urbierta Xiria desprazouse o pasado domingo, por segunda vez nesta tempada, ata Santa Comba para medirse ó BM. Línea 21 e foi quen de volver cos dous puntos nun partido no que as carballesas dominaron dende o comezo.

O diferenza das dúas citas anteriores entre ambos conxuntos -que se saldaron con derrota e empate para as nosas- o pasado domingo o Xiria saltou á cancha cunha defensa 5:1 moi intensa coa que levou a iniciativa do partido. Axiña se alcanzou unha renda cómoda que incrementou a confianza das nosas con accións de moita calidade en ataque chegando ó descanso cunha vantaxe de seis goles (12-18). Trala reanudación, a distancia no electrónico apenas variou, certa relaxación no faceta defensiva, moitas rotacións e bastantes minutos sen igualdade numérica non permitiron aumentar a diferenza e chegouse ó final co resultado de 26-33.

O Hierros Varela Urbieta Xiria colócase con dúas vitorias na Liga de Ouro, cunha mellora do xogo notable dende o comezo da tempada e coa vista próxima xa nos próximos encontros, co obxectivo de medrar como equipo cada semana.