O Hierros Varela Urbieta Xiria á final da Copa

Este sábado ás 10:30 horas tivo lugar en Castroverde (Lugo) o último encontro para o Hierros Varela Urbieta Xiria da primeira fase da copa federación da segunda división cadete feminina.

No primeiro tempo os ataques posicionais longos de ambos equipos prodominaban sobre o xogo rápido. As rapazas do Xiria non se atopaban cómodas co ritmo do partido e non deixaban ver a súa mellor versión mentras as locais conseguían impoñer o seu propio ritmo. A pesares da igualdade a falta de 5 minutos para o descanso as de Carballo conseguen unha renda de 3 goles a favor e finalmente chégase ó decanso cun marcador de 10-12.

No segundo tempo uns bós primeiros minutos das locais conseguen igualar o marcador aproveitándose da desconcentración do Xiria. O cambio do sistema defensivo das visitantes a unha 3:3 presionante permitiu a recuperación de numerosos balóns que transformaron en gol a través do contragolpe. A falta de 5 minutos para o remate do partido o Hierros Varela Urbieta Xiria obtivo a súa maior renda do partido ó poñerse 9 goles por riba. O resultado final de 28-34 deixa ás carballesas invictas nestra primeira fase da copa e confirma o seu pase á final de dita competición.

A final xogarase contra o Bm. Moaña (líder do outro grupo) a vindeira fin de semana nunha sede e data aínda por confirmar. Despois de lograr o subcampionato de liga, as rapazas do Xiria teñen a oportunidade de rematar a tempada celebrando un título.

PARCIAIS: 1-1/ 3-5/ 6-6/ 7-9/ 8-11/ 10-12/ 15-15/ 21-21/ 21-25/ 21-28/ 23-32/ 28-34.

BM. LUCUS:  Sofía Sanmartín Vázquez (4), Sabela Rey Fernández (2), Vera Lamela Díaz (1), Ángela López López (5), Jimena García González-Redondo (10),  Laura Cabanas Corral (6), Jennifer Jennifer Soto Romaris, Antía Vázquez Fernández, Sabela Cando Moncada.

HIERROS VARELA URBIETA XIRIA: Alba García López (5), Anna Mª Hernández Padro, Elena Collazo Rey, Lara Otero Suárez (5), Lucía España Moreira (1), Marta Gómez Agra (4), Nerea Varela Vila (11), Nina Pereira Abelenda (8), Uxía Suárez Fernández, Valeria Figueroa Santos, Coral Ruibal Fraga, Lucía Lema Álvarez.