O Hierros Varela Urbieta Xiria comeza a Copa gañando.

No primeiro partido da Copa Federación de 2ª división cadete feminina para o Hierros Varela Urbieta tocoulle recibir ó Bm. Camariñas na casa.

No primeiro tempo un apagado Xiria dominaba o marcador grazas a accións illadas de 1×1. Pola súa banda, o Bm. Camariñas tampouco atopaba con facilidade as ocasións de lanzamento de 7 metros e iso era aproveitado polas locais para correr á contra. O resultado ó descanso foi de 14-11.

No segundo tempo uns primeiros minutos dun Camariñas moi intenso apretaba o marcador poñendo as tablas no mesmo. As carballesas conseguiron recuperar o dominio do luminoso axustando a defensa no seu bloque central e conseguindo recuperacións de balón a través das disuasións exteriores. Pero a 10 minutos do final o empate volveu a ser o protagonista e ningún dos dous equipos conseguía poñer terra de por medio. Nos últimos 4 minutos as disuasión defensivas do Xiria volveron a dar os seus frutos e por medio do contragol chegouse ó resultado final de 30-27.

O Hierros Varela Urbieta Xiria suma así os seus 2 primeiros puntos nesta competición. Na vindeira xornada o encontro será contra o Bm. Xallas no Pavillón do CEIP Fogar (Carballo) o xoves día 16 de maio ás 19:30 horas. O Bm. Xallas ven de gañar ó Bm. Lucus na primeira xornada polo que agora mesmo atópanse empatadas a puntos coas carballesas.

PARCIAIS: 1-0/ 5-2/ 9-4/ 11-6/ 13-9/ 14-11/ 16-15/ 19-17/ 21-19/ 22-22/ 25-24/ 30-27.

HIERROS VARELA URBIETA XIRIA: Valeria Figueroa Santos, Nerea Varela Vila (4), Nina Pereira Abelenda (1), Uxía Suárez Fernández, Lucía España Moreira (2), Marta Gómez Agra (2), Alba García López (9), Anna M. Hernández Padro (3), Lara Otero Suárez (9), Elena Collazo Rey, Natalia Cancela Couto.

BM CAMARIÑAS: Paula Romar Lema, Yanira Barcia Alonso (11), Carolina Pasantes Castro (7), Andrea Romar Lema, Bineta Thiam, Vanina Tajes Medina (2), Laura Alonso Canosa, Lara Canosa Ferrín, Carla Vigo Alonso (4), Cristina Mouzo Carril (2), Claudia Santos Canosa, Nuria Amado Varela (1).