O Hierros Varela Urbieta Xiria comeza o 2019 con victoria

Este pasado venres enfrontáronse en Carballo o Hierros Varela Urbieta Xiria e o Bm. Xallas na 11ª xornada de 2ª divisón cadete feminina.

No primeiro tempo viviuse unha igualdade que lembraba ó partido de ida desputado en Santa Comba. As de Carballo non conseguían manter a concentración en defensa e as xalleiras atopábanse cómodas no ataque posicional. A pesares diso, as locais conseguían manterse no partido polas accións illadas de 1×1 e os contrataaques ben aproveitados polas pérdidas de balón das do Bm. Xallas. O resultado ó descanso era de 14-15 para as visitantes.

Na segunda metade as locais axustaron a súa defensa subindo a intensidade máis a presión o que levou a numerosas recuperacións de balón que as do Xiria convertían en gol e poñían distancia no marcador. As xalleiras atopaban dificultades para manter a posesión do balón e atopar ocasións de gol polo que recortar a diferenza no marcador facíase cada vez máis difícil. Finalmente o marcador foi de 35-27 a favor das locais.

PARCIAIS: 2-2/ 4-4/ 6-5/ 7-7/ 12-11/ 14-15/ 17-17/ 18-18/ 23-18/ 27-20/ 31-25/ 35-27.

HIERROS VARELA URBIETA XIRIA: Valeria Figueroa Santos (3), Marta Agra Gómez (3), María Patiño Vilar (1), Nerea Varela Vila (6), Nina Pereira Abelenda (7), Uxía Suárez Fernández, Coral Ruibal Fraga, Anna María Hernández Padro (1), Lara Otero Suárez (14), Elena Collazo Rey, Lucía Lema Álvarez.

XALLAS: Iria Rodríguez Lema, Aida Varela Balsa (5), Laura Lois Río (1), Carla Rodriguez Rial (4), Antía Oreiro Martínez (2), Tania Calvelo Blanco (4), Noemi Jallas Rey, Ainhoa Cal Currais (1), Leticia Souto González (1), Lucía Rodríguez Paredes (1), Raquel Vilariño Ares (8), Laura Baña Barcia.

O vindeiro partido do Hierros Varela Urbieta Xiria será contra o Bm. Brigantium na Coruña. No partido de ida o resultado foi de 27-14 a prol das carballesas. Nestes intres as coruñesas atópanse no 5º posto da clasificación a 2 puntos do Hierros Varela Urbieta Xiria polo que o partido será moi importante para loitar polos postos altos da táboa.