O Hierros Varela Urbieta Xiria gaña con firmeza

O Hierros Varela Urbieta afrontaba hoxe no seu campo a terceira xornada da segunda división cadete feminina.

O partido comezaba con igualdade nos primeiros minutos pero grazas ás numerosas recuperacións de balón a ás rápidas transicións de contraataque, as de Carballo poñíanse ó fronte no marcador. O Hierros Varela Urbieta chegaba a ter unha renda de 9 goles a favor pero as de Coruña non tiñan pensado rendirse e non últimos minutos da primeira metade subían a intensidade e recortaban a diferencia no marcador chegando ó descanso cun 14-8.

Na segunda metade as coruñesas saíron coa intensidade coa que remataron a primeira e as do Xiria seguían sin axustar a súa defensa. A pesares diso, a forma física permitía ás carballesas seguir recuperando balóns e subindo con velocidade os contraataques, o que levou a romper o marcador a partires do minuto 40 do partido cando recuperaron a renda de 8 goles a favor.

O resultado final de 27-14 dáballe ó Hierros Varela Urbieta Xiria dous puntos máis para a clasificación por terceiro partido consecutivo.

Esta semana deberán seguir traballando duro nos adestramentos para preparar o partido da fin de semana seguinte que será a domicilio contra o Bm. Lucus.

Parciais: 4-3/ 7-4/ 9-5/ 10-5/ 14-6/ 14-8/ 15-10/ 18-10/ 20-11/ 22-13/ 23-13/ 27-14.

Hierros Varela Urbieta Xiria: Alba García (4), Anna María Hernández, Lara Otero (9), Lucía España (3), Marta Gómez (1), Nerea Varela (9), Nina Pereira (1), Uxía Suárez, Valeria Figueroa, Lucía Lema.

Bm. Brigantium: Laura Rodríguez, Celia Fuentes (8), Lucía Rodríguez (3), Iria Li Río, María Gómez (2), Marina de Alfonso, Yaiza Cillero (1), Lara Cal, Natalia Méndez, Martina Regueiro, Sofía Guerreiro.