O Hierros Varela Urbieta Xiria gaña dende a defensa.

O equipo local comezou o partido cunha defensa activa e presionante que non deixaba ao Bm. Lucus mostrar o seu xogo. Nos primeiros minutos os contragolpes permitíanlle ás do Hierros Varela Urbieta poñerse por riba no marcador e sentirse cómodas co seu xogo. Pero as visitantes non o ían poñer fácil e mantiveron o marcador igualado ata casi o descanso.

Na segunda metade un Hierros Varela Urbieta Xiria concentrado e motivado saiu disposto a sentenciar o partido o antes posible e non deixar escapar os 2 puntos cara Lugo. A solidez defensiva propiciaba un bó traballo en portería e numerosas recuperacións de balón que poñían a distancia no marcador. O ritmo alto imposto polas locais facía que as lucenses non se atoparan cómodas e mermaba o seu estado físico. O resultado final de 31-19 devolvía a confianza a un Hierros Varela Urbieta Xiria que viña mermado do mal encontro realizado a pasada semana contra o Bm. Brigantium.

Esta semana tocará traballar duro para preparar o partido da vindeira xornada que será o sábado 9 de febreiro ás 12:00 horas no CEIP Fogar. O rival será o Bm. Tui que no partido de ida gañou na súa casa por 23-30. Nestes intres o Bm. Tui atópase 4º clasificado con 14 puntos e o Hierros Varela Urbieta Xiria 3º na táboa con 16 puntos. Será un partido interesante entre rivais directo polos postos altos da clasificación.

PARCIAIS: 4-2/ 7-4/ 9-9/ 12-11/ 13-12/ 15-12/ 21-15/ 23-15/ 26-15/ 29-16/ 29-17/ 31-19.

HIERROS VARELA URBIETA XIRIA: Valeria Figueroa Santos (1), Candela Couto Costa (2), Nerea Varela Vila (7), Uxía Suárez Fernández (2), Natalia Cancela Couto, Marta Gómez Agra (6), Alba García López, Anna Mª Hernández Padro, Ana Pombo Doldán, Lara Otero Suárez (13), Lucía Lema Álvarez.

LUCUS CLÍNICA VETERINARIA SAN FROILAN: Ariana Mª Montero Cenuse, Laura Cabanas Corral, Sofía Sanmartín Vázquez (6), Sabela Rey Fernández, Vera Lamela Díaz, Nerea Luaces Núñez (2), Ángela López López (10), Jimena García González Redondo (1), Antía Vázquez Fernández, Jennifer Soto Romaris, Sabela Campo Muncada.