Décimo quinta xornada da Liga Ouro Cadete Masculina
Valinox Novás 38 – Hierros Varela Urbieta Xiria 46 (16-23)
Adiantaron ambos equipos o partido correspondente a décimo quinta xornada pois esta semana non había competición.
O Hierros Varela Urbieta seguiu amosando a súa progresión dende inicio de ano e non dou opcións aos rosaleiros de acomodarse no encontro, tan so uns primeiros compás de igualdade pero no momento que os de Carballo axustaron a defensa foron abrindo distancias no marcador. A defensa avanzada do Valinox Novás non presentou maior complicación ca de ceder un par de contras ao rival e por contra poder marcar con moita facilidade.
Na segunda metade o Xiria xogou non permitindo ao rival achegarse no marcador.
O Valinox Novás tan so se mantivo no encontro pola cantidade de sete metros a favor sinalos polas colexiadas, ata 13 por tan so 2 dos que dispuxo o Xiria.
Valinox Novás 38 (16): Telmo Otero, Diego Rodríguez 1, Antón Fernández 8, Martín Sobrino, Antón Domínguez 1, Yoel Fernández 13, Xoel Fernández 2, Alejandro Pereira, Brais Baz 1, Lucas Martínez 3, Nicolás Portela 5, Javier Calvo 1 e Jorge Vaquero 3.
Hierros Varela Urbieta Xiria 46 (23): Izan Cabeza, Xano Rama e Dani Marta (porteiros) Andrés Pombo 16, Andrés Pedreira 3, Alvaro Gómez 2, Nico Cancela 7, Saúl Fuentefría 5, Marcos Varela 1, Pablo Fraga 4, Xabi Fernández, Nico Mejuto 2, Lucas Mateo 6 e Rubén Nogareda
Arbitraron: Lucía Rodríguez e Sara Gómez