O Hierros Varela Urbieta Xiria non convence pero gaña

O equipo cadete feminino das EB Xiria viaxou este sábado a Culleredo para desputar a 7ª xornada da súa competición.

Mala primeira metade das carballesas que non conseguiron atoparse cómodas en todo o encontro. As numerosas pérdidas de balón xunto coa boa actuación das gardametas de ambos equipos non deixaban ver moitos goles nos primeiros 30 minutos chegando ó descando cun marcador de 4-6 a favor das visitantes.

Na segunda metade o Hierros Varela Urbieta Xiria aumentou a intensidade defensiva que provocou numerosas recuperacións de balón e consigo os goles de contraataque. O Xiria saiu máis concentrado na segunda metade atopando ocasión claras de gol en ataque posicional pero atopábanse unha vez tras outra coa porteira local.

O marcador final foi de 9 a 17.

Na vindeira xornada o Hierros Varela Urbieta Xiria enfrontarase ao Bm. Moaña en Carballo.

PARCIAIS: 0-2/ 0-3/ 0-3/ 0-3/ 3-4/ 4-6/ 4-8/ 5-9/ 5-9/ 6-13/ 8-14/ 9-17.

BALONMÁN CULLEREDO ABOGACÍA CANOSA: Sarai López Villar, Eva Martínez González (1), Lucía Sánchez Toimil (2), María Franco Fernández (2), Irene Pacheco Luzar, Antía Pardo García (2), Paula Carballal Sánchez, Carlota Rodríguez Ramallo (2), Carla Gosende Roca, Daniela Barros Alonso, Aitana Tasende Rodriguez, Marina Rodríguez Fernández, Carla Bello López.

HIERROS VARELA URBIETA XIRIA: Valeria Figueroa Santos, Marta Gómez Agra(1), Nerea Varela Vila (7), Nina Pereira Abelenda (6), Uxía Suárez Fernández, Lucía España Moreira, Alba García (3), Anna Hernández Padro (1), Ana Pombo Doldán (1), Elena Collazo Rey, Lucía Lema Álvarez.