O Hierros Varela Urbieta Xiria proclámase campión da Copa.

O Hierros Varela Urbieta Xiria desputaba onte o seu último partido da tempada 2018-2019 contra o Bm. Moaña. Estaba en xogo o título da Copa Federación de 2ª división cadete feminina.

Nos primeiros minutos de partido os nervios de ambos equipos daban lugar a numerosas imprecisións e perdas de balón. Pero a medida que pasaba o tempo, as locais íanse sentindo máis cómodas e impoñían o seu ritmo e estilo de xogo. Grazas a eso chegaron ó descanso gañando de 2 (15-13).

No segundo tempo as visitantes saíron con maior intensidade e as cousas máis claras, a pesares diso, o desacerto de cara a portería non lles permitía poñerse ó fronte do luminoso.  Tras uns malos primeiros minutos, as rapazas do Xiria sacaron toda a súa garra e de novo a través do bó traballo defensivo, recuperaban o control do partido. O resultado final de 30-25 deixaba o título en Carballo.

Unha gran tempada das carballesas que no seu primeiro ano de competición na 2ª divisón cadete feminina se proclamaron subcampionas de liga e campionas de copa.

Agora tocaralles descansar e recuperar enerxías ata a vindeira tempada.

PARCIAIS: 2-2/ 5-4/ 8-6/ 11-7/ 13-11/ 15-13/ 17-14/ 19-17/ 22-20/ 25-23/ 27-25/ 30-25.

HIERROS VARELA URBIETA XIRIA: Alba García López (3), Anna Mª Hernández Padro (2), Elena Collazo Rey, Lara Otero Suárez (6), Lucía España Moreira (5), Marta Gómez Agra (6), Nerea Varela Vila (4), Nina Pereira Abelenda, Uxía Suárez Fernández, Valeria Figueroa Santos (4), Lucía Lema Álvarez, María Patiño Vilar.

BM. MOAÑA: Marta Chavert Alonso (9), Laura Pouso Seoane, Irene del Río Lemos (1), Ana Martínez Rodríguez (4), Jessica Soliño Ferradas (2), Yanira Paz Couso (2), Iara Olebagoya García, Ara Torrado Molanes, Candela Rodríguez Díaz (2), Lorena Cancelas Pequeño, Paula Abalde Cruz, Uxía Hermelo Veiga (4), Enma Gayo Marcos (1), Laura Rúa Suárez.