O Hierros Varela Urbieta Xiria supera ao Bueu

Décimo primeira xornada da Liga Ouro Cadete Masculina
Serviauto Bueu Atlético 26 – Hierros Varela Urbieta Xiria 45 (14-23)

O Hierros Varela Urbieta volve de Bueu cos dous puntos tras medirse ao derradeiro clasificado nun partido sen complicacións.
Demasiadas facilidades as dadas polo Bueu ante un Xiria que non perdoou e foise facendo co partido xa nos primeiros lances do encontro, asentado na súa defensa e con efectividade tras boas decisións no ataque os carballeses facían un partido cómodo, podendo dar moitos minutos aos menos habituais e permitíndolle seguir loitando pola cuarta praza da clasificación xunto co Chapela e o Cangas. Tras o parón da próxima semana o Hierros Varela Urbieta recibirá ao Abegondo para posteriormente viaxar a Chapela, dous compromisos para afianzarse na zona alta.

Serviauto Bueu Atlético 26 (14): Miguel Cadilla, Marco Soliño, Roi Davila, Francisco Rios, Juan Villegas 3, Diego Fernández, Alberto Fernández 5, Pablo Arce 8, Gael, Mateo 1, Mario Aguilla 2, Alonso 1, Anxo 1 e David Entenza 6

Hierros Varela Urbieta Xiria 45 (23): Izan Cabeza, Xano Rama e Dani Marta (porteiros) Andrés Pombo 11, Alvaro Gómez 5, Nico Cancela 11, Saúl Fuentefría 3, Marcos Varela 5, Pablo Fraga 3, Xabi Fernández 1, Nico Mejuto 2, Andrés Pedreira 3, Lucas Mateo 1 e Rubén Nogareda

Arbitrou: Paula Fontán