O HVU cae en Redondela no último segundo

Tralas dúas vitorias  da semana pasada, as nosas xuvenís non pudieron sumar outros dous puntos ante un rival directo na loita pola sexta praza.

O encontro tivo dúas partes claramente diferenciadas. Na primeira os nervos apoderáronse de ambos conxuntos e as imprecisións nos ataques eran a tónica xeral. O Xiria parecía estar máis asentado en defensa o lograba unha vantaxe de tres goles (8-11) ó descanso.

Na segunda metade a SAR saiu con moita máis forza e conseguía igualar o encontro rapidamente malia a boa actuación de Lucía e María Porteiro en portería. Cinco minutos cheos de erros no ataque carballés permitían as locais explotar o contraataque ata acadar unha renda de catro goles a falta de dez minutos para o desenlace. Unha moi inspirada Nerea Varela Balsa (cadete de primeiro ano) mantiña o Xiria con vida empatando o encontro no último minuto. Unha acción final con fortuna local acabou en sete metros e os dous puntos quedaron na casa.

Esta semana o HVU Xiria xoga outros dous encontros ante rivais fortes como son o Calfrima Carballal e Vitaldent Bm Cangas onde as nosas queren seguir coa liña ascendente desta tempada.