O HVU remata con vitoria a primeira volta

As nosas xuvenís volven cos dous puntas da segunda visita desta tempada ó Dispesfra Rasoeiro nun encontro dominado polas carballesas dende o comezo.

O bo traballo defensivo nos primeiros minutos daba moita liberdade ó ataque carballés que pronto acadou un renda elevada. Nos últimos compases da primeira metade, certa relaxación visitante permitía as grovenses achegarse no marcador ata o 12-15 co que se chegaba ó descanso.

Á volta de vestiarios o Xiria retomou a intensidade inicial e pronto volveu coller as rendas do encontro. As boas accións de contraataque tralas boas defensas carballesas deixaban as locais sen marxen de reacción e o rumbo do encontro non mudou.

Vitoria 22-31 que permite o HVU Xiria escalar ata a quinta posición ó remate da primeira volta e que demostra a mellora colectiva ó longo das semanas dun grupo pragado de xogadoras cadetes.