O HVU Xiria consegue dous puntos en Vigo

Segundo desprazamento para as nosas xuvenís, segunda vitoria fóra da casa e catro puntos xa no casilleiro.

O encontro do pasado sábado ante o UB Lavadores comezou marcado pola intensidade defensiva de ambos conxuntos. Co paso dos minutos, o acerto do conxunto olívico nas accións de transición e a boa actuación da súa porteira apagaban os poucos ás nosas. A precipitación en ataque carballesa non permitía acadar boas accións de lanzamento e chegábase ó descanso co 14-11 no marcador.

Á volta do vestiario a tónica semallaba ser a mesma. O conxunto aumentaba mínimamente a distancia no marcador, mais isto activou ó Xiria que apoiado nunha boa defensa 5:1 e nas accións de Leti e Lara Souto en ataque conseguía dar a volta ó marcador a falta de dez minutos (20-21). As nosas amosaron moita madruez no tramo final do encontro o que permitiu acadar o resultado final 25-28.

Esta semana as nosas xogan o venres as 18:00 na díficil pista do Cangas, un dos rivais máis fortes da Liga Ouro.