O HVU Xiria volve cun punto da visita ó Grove

Terceira xornada do grupo D da Fase de clasificación para as nosas xuvenís que desputaban o seu segundo, o primeiro fóra da casa.

Trala boa imaxe da pasada semana diante do Calfrima Carballal, as xogadoras do HVU saíron con pouca intensidade á pista e con ataques posicionais lentos. Co paso dos minutos o Xiria non era quen de impór o seu xogo rápido característica e o Rasoeiro mantíase no encontro grazas á boa actuación da pivote nos seis metros e ás rápidas accións de finta das laterais.

Á volta dos vestiarios, cun 11-11 no luminoso, o ritmo das locais aínda foi a máis, chegando a acadar unha renda de ata catro goles. No tramo final do encontro, o acerto de Duna en ataque e a solidez da defensa carballesa liderada por Natalia levaba o encontró o empate final, malia que as de O Grove contaron cun último balón para alcanzar os dous puntos.

Reparto de puntos entre ambos conxuntos previo a esta semana de parón competitivo. Co inicio de outubro, as nosas desputarán os Play-off, aínda sen conocer nin a sede nin as rivais, co reto de acadar unha praza na Liga Ouro.