As nosas xuvenís chegaban coa moral acta ó encontro tras a última vitoria ante o BM Carballal e situadas na parte alta da táboa, pero non foi sufiente para gañar ó Teucro.
O partido estivo marcado dende o comezo pola igualdade, con defensas bastantes pasivas e moita efectividade no ataque. As paradas de Elena permitían ó Xiria respirar e contratacar con moita solvencia acadando rentas mínimas no marcador. O Teucro comezaba a atoparse máis cómodo en defensa co paso dos minutos e permitíalle poñerse por diante no marcador ó descanso cun 17-15.
Na reanudación, a defensa do Xiria seguía sen poder frear as accións de dous contra dous locais, pero a eficacia de Duna en ataque seguía mantendo a mesma distancia no electrónico. O ritmo constante das pontevedresas e os altibaixos e errores de reglamento das nosas permitían poñer un renda de cinco goles a falta de dez minutos para o remate. O Xiria o intentou ata o final, cunha defensa individual que permitiu reducir a distancia, pero non foi suficiente para gañar o encontro.
Resultado final de 34-32 nun gran encontro e nunha das canchas máis difíciles que amosa a mellora do equipo e que demostra a igualdade na Liga de Ouro.