O Infantil Feminino suma e segue

O Infantil Feminino suma e segue

A xornada comezaba co lance en Santiago do Tubasys ante Ribadosar, onde as locais pouco puideron facer para impedir os goles de transición que xeraban as carballesas tras a enorme cantidade de recuperacións. Despois dun comezo pouco axustado, o Tubasys aumentou e mantivo o ritmo frenético de xogo durante todo o encontro, explotando as contras en primeira oleada ante un rival que foi de máis a menos por mor do cansanzo físico. O cómodo resultado consolida o conxunto na primeira posición da Liga.

BM RIBADOSAR 16 – 47 TUBASYS XIRIA

Pola contra, na mañán do domingo o Maquisaba encaraba no Vila de Noia a un Xallas disposto a todo. Cos deberes feitos e unha mellor adaptación ante a defensa individual do Xiria, as de Santa Comba lograron reducir as perdas de balón para encaixar menos goles de contraataque, pero resultou insuficiente para evitar que o Maquisaba se impuxese nos primeiros compases do xogo. Tras as rotacións no banco local e a acumulación de erros, a diferencia se recortaba ata os tres tantos na chegada ó descanso.

Na segunda metade e cos folgos renovados, o Xiria puxo terra de por medio pola man da súa primeira liña. Non foi ata os derradeiros minutos cando os numerosos e reiterados erros de lanzamento sumados a un visitante que medraba por momentos foron capaces de recortar ata a mínima diferenza a falta de dous minutos, pero unha chamada á calma e o éxito na faceta ofensiva deu o empurrón final a un Xiria que mantén dous puntos que tornaron complicados.

MAQUISABA XIRIA 34 – 32 BALONMAN XALLAS F.C.

Está todo a punto para o esperado derbi entre ambos conxuntos. O partido que sufriu un aprazamento debido ó torneo en Portugal finalmente se disputará este venres 27 no Fogar ás 19:00.