O LABER A COMEZA A FASE DE CLASIFICACIÓN CON VITORIA

LABER A 42-  RECA HOLLYWOOD SEIS DO NADAL 22

O Laber xogaba o pasado sábado 3/08 o primeiro partido oficial da tempada 22/23 na casa. O Vila de Noia acollía o encontro da Fase de Clasificación de Copa entre o Laber e o Seis do Nadal , nesta primeira fase decidirase quen será o cabeza de grupo para o Playy-off de Liga Ouro posterior.

O Laber tiña moitas ganas de mostrar o traballo que viñan a facer dende o final da tempada anterior e a pretempada desta nova tempada. A maiores, xa coñecían ao rival pois parte do plantel o ano anterior enfrontárase co Seis no Nadal na Liga Prata. O Laber entrou ao partido concentrado na faceta ofensiva e deste xeito conseguía anotar nunha boa porcentaxe das veces. Na faceta defensiva comezou de menos a máis, fortalecéndose co paso dos minutos dende a fortaleza do bloque. De  este xeito pouco a pouco fóronse cobrando distancias no marcador ata o 22-11 ao descanso.

A volta dos vestiarios o Laber conseguía manter o seu ritmo no xogo e así pouco a pouco aumentar as rentas no marcador. Salientar a boa aportación de todos os xogadores que participaron o que fai reflexa que o grupo está nun bo momento de traballo.

acta_completa_LABER A- SEIS DO NADAL