O LABER A CONSEGUE DOUS PUNTOS IMPORTANTES FRONTE AO CULLEREDO

O Laber A chegaba ao partido co obxetivo de refrendar o seu estado de forma e, conseguir que dito estado de forma e a mellora na forma de competir se puidera convertir nunha vitoria.

O comezo do partido estivo marcado pola igualdade. O Laber atopábase cómodo na defensa, sen embargo no ataque o xogo estaba atascado, con falta de ritmo. Por este motivo o partido mantiñase na igualdade, co equipo de Culleredo facendo dano nas contras de primeira e segunda oleada. De este xeito chegouse ao descanso con 14- 15 no marcador.

                                                                                                              

Na segunda metade a defensa local aínda subíu o ritmo nas pernas da súa defensa, conseguindo xerar erros no ataque visitante e ahora dende as contras subirlle o ritmo tamén ao ataque. De este xeito o Laber atopaba a súa fortaleza neste partido. O maior ritmo de balón xeraba tamén maior mobilidade dos xogadores e ahí foi onde o Laber dou un paso adiante no partido. O resultado final 37-29. En resumo, o Laber consegue dous puntos moi importantes para os seus intereses ante un rival directo como é o Culleredo. Estos dous puntos son o premio que se viña escapando os partidos anteriores por pequeñas pinceladas e que xera folgos para seguir traballando na mesma liña.

acta_completa_LABER A -CULLEREDO