O LABER A CONSEGUE UN PUNTO LOGO DUNHA GRAN REMONTADA E CON UN GOL CO TEMPO XA CUMPRIDO

O Laber enfrontábase ao que se presupón que será un rival directo na pelexa polos postos da parte nobre da táboa como é o Teucro. Os dous equipos tiñan neste partido una proba para saber en que nivel de forma se atopaban.

Pese a ser equipos parexos o Teucro saíu ao campo máis centrado que o Laber e conseguía percutir unha e outra vez a defensa local e, deste xeito poñer as primeiras rentas que non ían a máis grazas ao acerto da portería do Laber. A partires de ese mal inicio o Laber conseguía axustar a defensa por minutos pero pola contra, neses intres a falta de acerto de cara ao lanzamento e o acerto da portería visitante facía que as rentas se mantivesen, chegando ao descanso con diferenza de 4 a prol dos pontevedreses.

 

Foi logo do paso dos vestiarios cando o Laber dou un cambio de actitude e se conseguía meter pouco a pouco no partido, con maior acerto nas situacións de ataque e con unha gran actuación na portería que subsanaba os erros defensivos. Con todo non se conseguía recurtar de dous goles a diferenza. Foi logo de unha mixta ao xogador número 19 do Teucro cando se conseguiu frear o ataque rival. Neste contexto o Laber quedou con un xogador máis durante 4 minutos e canto tiña a tan só un gol ao Teucro, pero foi aquí onde peor xestionou esta remontada o Laber, sendo incapaz de poñerse por diante no marcador. Finalmente, o tempo remataba con 25-26 no marcador logo de unha última acción dos carballeses sen éxito. Foi ahí cando se obrou o milagre, e con unha falta directa o Laber conseguía empatar o partido e facer vibrar o Vila de Noia.

LABER A 26 – TEUCRO A 26