O LABER A QUEDA SEN O PREMIO TRAS UN BO PARTIDO NO GATAÑAL

LUCEROS 37- LABER A 36

O Laber A viaxaba a Cangas, á difícil pista do Gatañal para enfrontarse a un dos favoritos ao título este ano. Un Luceros que lle imprime un ritmo moi elevado aos seus partidos, ritmo moi complicado de seguir e que fai que os tanteadores contra este rival sempre sexan elevados.

O Laber entrou ao partido moi concentrado e co plan de partido moi claro. Os carballeses tentaban minimizar os goles dos de cangas ás contras e, nos primeiros intres prantexaban unha defensa con intensidade nos contactos. Esta concentración na defensa, xunto coa gran actuación da portería carballesa e o acerto no ataque facía que Laber conseguira una renta inicial de ata 4 goles ao seu favor. Sen embargo, co paso dos minutos o Luceros que non baixaba o ritmo ao partido e, as malas decisións do ataque do Laber facían que os de cangas igualaran o partido no mediado da primeira metade. Pouco a pouco, o Laber deixou de tomar decisións estáticos en pro do xogo sen balón e conseguiu volver a poñer unha pequena distancia no marcador (18-20).

 

No comezo da segunda metade os primeiros minutos viñeron marcados pola inferioridade numérica dos carballeses, situación que aproveitaba o Luceros para poñer igualdades no partido. A partir de ahí a igualdade foi a tónica da segunda metade, sen embargo pouco a pouco a capacidade física dos carballeses íase mermando, cometendo así erros aos que xa non nos teñen acostumados. Neste tramo final a diferenza mantíñase en dous goles a favor dos de Cangas pero, os locales conseguían aumentar a diferenza a catro goles a falta de 4 minutos. Lonxe de dar o partido por perdido os carballeses sacaron folgos de onde non os tiñan para loitar os últimos minutos e acabar o partido a tan só un gol. O resultado é doloroso pois os carballeses fixeron tantos méritos para levar o partido coma os locais. Sen embargo, a pesares de non conseguir os dous puntos o Laber está no camiño…traballa,sufre e loita. Con este contexto a recompensa chegará.