O Laber B cae no Lalín Arena

O Laber B viaxaba ao Lalín Arena para enfrontarse a un dos equipos da parte alta da táboa como é o Carpintería Jar Lalín.  Logo de unha boa semana de adestramentos o Laber quería refrendar o seu estado na pista.

Xa dende o comezo do partido o Lalín mostrou o seu modelo de xogo, estilo de xogo que lle costou moito frear a defensa carballesa sobre todo pola zona centro da defensa. No ataque non se conseguía o ritmo que se está a entrenar e eso facía que resultara compricado superar a defensa local. De este xeito o Lalín conseguía impoñer o seu xogo, fronte o Laber que non era quen de mostrar as suas mellores armas. Así pouco a pouco chegouse ata  o  17-13 ao descanso.

A volta do descanso o partido seguíu polos mesmos derroteiros, o Lalín facía moito dano aos carballeses co xogo co pivote na zona centro e co xogo de cruces. Os carballeses conseguían unha maior mobilidade no ataque, pero sen todo o acerto necesario de cara a portería. Así foi cómo o Lalín conseguiu dominar todo o partido cun resultado final de (33-24). Toca seguir traballando arreo para que o traballo ben realizado polos xogadores do Laber se vexo amosado nos partidos.

acta lalín- laber b