O LABER B EMPATA FRONTE AO BM SEIS DO NADAL NUN PARTIDO QUE FOI DE MÁIS A MENOS

O Laber B viña de unha boa dinámica de xogo que quería manter neste partido fronte ao Seis do Nadal. Logo do bo partido en Vigo querían mostrar unha boa imaxen fronte a súa xente no Ceip Fogar.

O partido comezou coas defensas con dificultades para axustarse fronte aos ataques. Sen embargo, co paso dos minutos o Laber B conseguía frear as situacións de 1vs1 que buscaban na zona centro os de Vigo e tamén coa aportación da portería. No ataque, cada vez que o xogo colectivo reinaba fronte ao xogo individual os  carballeses conseguían situacións claras de gol nas zonas exteriores. Foi así como pouco a pouco o Laber conseguía rentas aos poucos e ía mellorando o seu xogo ata o 16-11 co que se marchaba ao descanso.

A saída dos vestiarios o Seis do Nadal prantexaba unha defensa 5-1 que facía moito dano ao  equipo carballés que deixaba de lado o xogo colectivo e buscaba xerar situacións de gol en accións directas que favorecían aos vigueses. A falta de acerto no ataque contaxiaba a defensa que perdía o nivel de contacto e facía que as situacións de 1vs1 foran favorables ao Seis do Nadal. Pasaban os minutos pero o Laber non era quen de correxir os erros en ataque, cada vez máis parados e buscando situacións co balón na man e non en movemento. Así, chegamos a un final de tensión co partido en empate. Con balón para o Seis o Laber realizou unha boa defensa e tivo ata dúas ocasións para meter o gol da vitoria pero errou nas dúas ocasións.

Este partido sirve para seguir mellorando e, para aprender a xestionar as situacións de partido cómo equipo.