O Laber B pranta cara ao Novás

Logo do parón de Nadal volvía o balonmán ao Vila de Noia. O Laber B enfrontábase ao Acanor Novás, un dos equipos da parte alta da táboa.

O partido comezou con igualdade máxima, as defensas e porterías impoñíanse aos ataques. O Laber conseguía imprimirlle máis ritmo ao partido, sobre todo nas contras en segunda oleada, sen embargo non estaba moi acertado de cara a portería. Co paso dos minutos o Novás atopaba unha fenda na defensa carballesa nos lanzamentos de 9 metros e así conseguía poñer as primeiras diferenzas no marcador. De este xeito chegamos ao descanso 10-12 no marcador.

 

O comezo da segunda metade non foi bo para o Laber. Un ataque moi estático no que todas as tomas de decisións ían encamiñadas ao centro da defensa visitante, donde a mesma era máis forte. Coa falta de acerto de maneira prolongada do Laber o Novas conseguía distanciarse no marcador. Con todo na recta final do partido, o Laber dou un arreón e conseguía acercarse no marcador grazas a un maior acerto da defensa e a buscar situacións de ventaxa nas zonas exteriores da defensa rival. Con todo o balance é positivo a pesares da derrota, conseguindo que os do Rosal non anotaran moitos goles e sendo capaces de competir todo o partido menos 15min. O resultado final 20-23.