O Laber lévase o derbi ante o Grupo Lemaco

O Laber lévase o derbi ante o Grupo Lemaco

Xogouse na mañá do sábado no Pavillón do CEIP Fogar  o derbi local entre o Laber Xiria e o Grupo Lemaco Xiria. O Laber presentouse cos todos os seus xogadores, mentres no Grupo Lemaco foi baixa Xurxo Gómez por unha pequena lesión e debutou en competición oficial Manuel Muñoz logo de incorporarse á disciplina de Escolas Balonmán Xiria hai unhas semanas.

O primeiro cuarto estivo marcado polas imprecisións dun e outro equipo, que non acababan de atoparse cómodo na pista de xogo. Un cuarto marcado polas perdas de balón e no que se levou os puntos o equipo que antes se centrou. Influiu, e moito, este feito nos dous seguintes tempos, cun Laber Xiria máis sólido e cas ideas máis claras, tirando proveito dos erros dos seus, no día de hoxe, rivais. Mais o derradeiro cuarto mudou a súa faciana o Grupo Lemaco, recuperando balóns e estando máis atinado na definición, o que lle valiulle para acadar a vitoria parcial.

Laber Xiria – Grupo Lemaco Xiria: 6 – 2 (4-1 / 7-4 / 7-1 / 5-7)

Laber Xiria: Mateo Pallas (9), Lucas Amado, Manuel Pérez (4), Hugo García (1), Manuel García, Marco Rodríguez, Álvaro Vila (8), Aday Gómez (1).

Grupo Lemaco Xiria: Manuel Muñoz, Erik Vázquez (4), Alejandro Vázquez (1), Ángel Viña (4), Samuel Regueira (2), Daniel Cambón (1), Miguel Cambón (1), Manuel Puente.