O LABER PASA A CUARTOS DE FINAL DA COPA SPONSOR

O Laber Xiria, logo de unificar os dous equipos que presentara este ano, ven de clasificarse para cuartos de final da Copa Sponsor despois de gañar os dous partidos contra o Bm Culleredo Optica Gallaecia. O grupo do Laber tan só dispoñía de dous equipos, logo da renuncia do terceiro equipo do grupo,  polo que o Culleredo e o Laber disputaron o grupo en ida e volta. 

LABER 47- BM CULLEREDO OPTICA GALLAECIA 22

LABER – BM CULLEREDO OPTICA GALLAECIA (IDA)

BM CULLEREDO OPTICA GALLAECIA 22- LABER 38

BM OPTICA GALLAECIA – LABER XIRIA (VUELTA)

Logo de unha boa imaxe en ambos partidos o Laber afronta os cuartos de final con gañas e co obxetivo de manter un nivel alto en ataque e defensa durante todo o partido. O rival do Laber será coñecido esta semana logo dun sorteo entre os primeiros clasificados dos grupos.