O Laber vence en Lugo

O domingo 22 o Laber Xiria viaxaba ata o pavillón Casa do Deporte en Lugo para enfrontarse ao Recambios Infra Lucus. Este ía a ser o terceiro partido, do grupo 6, na primeira fase nesta tempada. O equipo carballés tiña como obxetivo seguir coa liña de traballo dos partidos anteriores para así mellorar partido a partido.

O partido comezou frío para os carballeses, con ambos equipos moi pasivos na defensa. O Laber conseguíase distanciar no marcador grazas a súa velocidade na contra e no contragol,sen embargo no xogo posicional tiña dificultades para lograr continuidade, mais cando conseguía pequenas continuidades lograba lanzamentos en zonas moi claras de lanzamento.  Nas labores defensivas os carballeses tiñan moitas dificultades para controlar ao pivote local en situacións de dous para dous moi largas e previsibles. Con todo, grazas ao seu modelo de xogo o equipo carballés conseguía una pequena renta ao descanso 8-14.

Na segunda metade o equipo carballés mudou a defensa á 6-0, e conseguiu controlar un pouco máis ao pivote e as caídas dos primeiras liñas ao centro. Sen embargo co paso dos minutos os erros no control da liña volvéronse a suceder, e ahí o equipo non encaixou máis goles grazas á boa actuación dos dous porteiros carballeses.  Con todo, o Laber consigue os dous puntos da viaxe a Lugo pero ten unha semana por diante para mellorar o seu xogo de cara ao partido no Vila de Noia.

RECAMBIOS INFRA LUCUS 17 (8+9)

N.5 BRAIS REDONDO REAL (2)

N.9 SERGIO FERNANDEZ FOUCE

N.10 DAVID YAÑEZ BRAÑAS (2)

N.11 ENRIQUE RODRIGUEZ RODRIGUEZ (1)

N.16 DANIEL SUAREZ OTERO (7)

N.18 MIGUEL ANGEL PRADO NEIRA

N.19 UNAI LOPEZ OTERO

N.20 NICOLAS NUÑEZ CASTRO (4)

N.22 PEDRO OLIVER SCHNEIDER SUEIRO

N.22 JORGE ATANES CONDE (1)

LABER XIRIA 27 (14+13)

N.3 AARON RODRIGUEZ SUAREZ (3)

N.4 ESTEBAN PUÑAL SUAREZ (4)

N.5 MARIO CANCELA COUTO (4)

N.6 PABLO ESMORIS CAMPOS

N.11 JULIAN GARCIA COBELO (5)

N.12 JESUS MIGUEL GOIMIL ARES

N.13 ANDRES GARCIA VAZQUEZ (2)

N.16 MATEO PALLAS GARCIA

N.17JUAN MARTIN FAJARDO MARTINEZ

N.20 DIEGO ANTELO CAMPOS (2)

N.22 FERNANDO MALLO CARRACEDO (3)

N.23 MARTIN FUENTES POMBO

N.30 ALEX PUÑAL SUAREZ (3)

N.31 CARLOS VARELA GARCIA (1)

N.32 DARIO JOSE CALVIÑO RAMA