O Laber vence nos minutos finales

O pasado sábado día 12 visitaba Carballo o Oar, equipo da cidade da Coruña ben coñecido xa polos carballeses. O partido antoxábase competido debido a rivalidade coa que se acostuman a xogar estos partidos.

O comezo do partido por parte do Laber Xiria foi intenso, no que ás labores defensivas se refire, con moitas saídas e contactos. Sen embargo, o ataque, non mostraba nada do modelo de xogo dos carballeses e, as accións determinábanse por accións individuais con pouco acerto. Neste contexto a igualdade era a tónica no partido, sen embargo, cando nos achegábamos ao descanso o Oar, grazas a falta de acerto do ataque carballés e a unha serie de desaxustes na defensa conseguía marcharse no marcador ata 3 goles.

O partido pintaba moi oscuro para os carballeses e, foi ahí cando tiveron que tirar máis de pundonor que de xogo. De este xeito, na segunda metade o Xiria tivo máis gañar de vencer que o rival, estivo intenso e esto fixo que se subsanaran os erros que aconteceron durante todo o partido. Así, conseguiuse vencer nun final cheo de emoción, conseguindo remontar o partido nos últimos segundos do encontro.

O Laber Xiria de este xeito venciu grazas a intensidade e a garrar.

Para o fin de semana esperamos mellorar o xogo e manter esta intensidade e garra do final do partido.