O LABER VENCE NUN GRAN PARTIDO AO BM TUI

Partido correspondente á xornada 14 de liga que enfrontaba ao segundo clasificado empatado a puntos co balonmán Cisne e o Laber Xiria. O Laber chegaba ao partido con moitas ganas pois , no partido de ida quedou a moi pouco de poder gañar o partido e tamén, porque necesitaba dos dous puntos para manterse na pelexa polos postos que dan acceso ao play-off.

O Laber comezou moi metido no partido e axiña conseguiu un parcial de 3 goles ao seu favor. Sen embargo a forteleza dos de Tui fixo que pouco a pouco o partido se igualase. O Laber tiña dificultades para frear o xogo co pivote do equipo visitante e no ataque posicional cada vez que se perdía o xogo elaborado en detrimento de accións ailadas o Laber sufría. A igualdade foi a tónica da primeira metade, con todo, con un arreón final o equipo local conseguía marchar ao descanso con 14-12 no marcador.

A segunda parte pódese resumir da seguinte maneira: unha mellora no traballo defensivo anticipándose ás accións rivais, gran criterio por parte dos xogadores do Laber para xogar as situacións de defensa aberta que prantexaba o Tui e unha portería local a un altísimo nivel. Isto fixo que o Laber certificara un gran partido con un resultado final de 33-23. De este xeito, os xogadores do Laber que están a competir durante toda a campaña con todos os equipos souperon competir e gañar. Toca seguir traballando para pelexar por un obxetivo ilusionante.

LABER A- C.B TUI