O Laber Xiria acada a primeira posición e xogará na División de Honra

Laber Xiria 35 – Nova Xestión Pabellón  24 (19-11)

O equipo Xuvenil do Xiria volverá a disputar a División de Honra cos mellores equipos de Galicia logo de gañar con autoridade e solvencia o seu sector de Play Off, nun novo formato de clasificación que o balonmán galego estreou esta tempada.

Non dou respiro aos seus rivais esta fin de semana, si o venres derrotaba ao Atlético Novás por 32 a 19, hoxe non tivo piedade dun Pabellón Ourense ao que a derrota por menos de 6 goles en principio lle servía para clasificarse, pero final foron 11 goles de diferenza para o Xiria.

Comezou moi forte o Pabellón na mañá do domingo, o sábado vencera ao Novás 28 a 20, con gran acerto nos lanzamentos dende o extremo, e grandes intervencións do seu porteiro. Un 4 a 6 momentáneo prevía un choque igualado, pero apremou as liñas defensivas o Laber tirando de intensidade e contundencia nas accións, non tardaron os carballeses en empezar a asfixiar ao seu rival na circulación do balón, trabando canda acción e o conseguinte foi recuperacións para saír con velocidade a contra. Imprimiu a maiores maior control no xogo de ataque, onde o  Ourense dispuxo unha defensa mixta sobre Alex Gómez, que foi superada con claridade polos locais. Con oito goles ao descanso, o Pabellón vía como se lle escapaban as posibilidades.

Si ben o equipo ourensán o tentou de todas as maneiras na segunda metade, seguindo coa mixta, volvendo ao 6:0 defensivo, o asentamento no campo do Laber Xiria xuntado coa magnífica defensa ao longo do fin de semana, foron achicando e fundindo ao Pabellón que claudicou co resultado final de 35 a 24 goles.

Boas sensacións para un Laber Xiria, que dentro de 15 días comenzará a loita entre os doce mellores equipos xuveniles de Galicia.

Grupo Lemaco Xiria 35 (19): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 3, Adrián Mesejo 2, Alex Gómez 10, Mario Cancela 7, Dani Mallo 1, Franco Rial 6, Diego Antelo, Aaron Rodríguez, Brais Vila 4, Ivan Hernández, Renzo Díaz 1, Andrés Urbieta 1 e Manuel Rama.

Nova Xestión Pabellón  24 (11): Raul Aldemir y Mario Rodríguez, (porteiros) , Alejandro Sampayo 1, Israel Santos 5, Joel Colmenero, Lucas González, Sergio Cruces, Martín Rodríguez 3, Pablo Martínez 7, Martín Ros, Pablo Romero, Pablo Carballo 5 e Raul Nogueirol 3.

Marcador cada 5 min: 3-4/ 6-7 / 10-7/ 13-9/ 15-10/ 19-11// 23-16/ 24-17/ 28-20/ 28-21/ 31-22/ 35-24

Arbitraron: Pablo Torreiro e Henrique Folgoso, sen complicacións