O Laber Xiria amósase superior a Sar de Redondela

Laber Xiria 30 – Sar Centro Médico Cesantes 18 (13-7)

Varias ausencias por desprazarse a Canarias co equipo senior e con varios xogadores convalecentes de diversas lesións, o partido presentaba certa perigosidade para os locais, pero a concentración amosada e o bo facer, fixeron que o Xiria dominase durante todo o encontro.
O 5:1 defensivo pronto puxo en apuros aos redondeláns, incapaces de chegar a posicións cómodas de lanzamento e propiciando perdas de balón para a contra. O Laber elaboraba en ataque e conseguía certa distancia ao termo da primeira metade.
Na segunda parte, as diferenzas entre ambos conxuntos fixeron que o Xiria de non estar desatinado de cara a gol puidera sacar maior vantaxe no resultado final, a sar intentouno con 7 atacantes deixando a portería valeira, pero nin así conseguía continuidade no ataque.

Laber Xiria 30 (13): Diego Lema, Julio Ferreiro e Pedro Pena (porteiros), Toni Calvelo 2, Carlos Varela 1, Pablo Esmorís 1, Aaron Rodríguez 1, Javi Rodríguez, Fer Mallo 5, Mario Cancela 11, Alex Puñal 3, Esteban Puñal 3, Adrián Mesejo 3, Franco Rial e Diego Antelo

Sar Redondela 18 (7): Marcos Costa, Iago Docal, Javier Rivas 4, Adrián Alonso, Mario González 4, Sergio Murillo 3, Sergio Solla 2, Iñaki Míguez 1, Pablo Mouriño, Imanol Justel 2, Alvaro Cameselle 1, Gabriel Martínez, Manuel Pérez 1

Arbitraron: Cesar Carballo e Cristian García