O Laber Xiria baixa o pano da tempada cunha nova vitoria

O Laber Xiria baixa o pano da tempada cunha nova vitoria

Na mañá de hoxe, o Laber Xiria puña punto e final á tempada 2015-16. Era o último partido da competición de Copa, o último tamén para algúns xogadores que terminan a etapa xuvenil, como o caso de José Pereira, Alex Figueroa, Iván Calvo, Gabriel Castiñeiras, Borja Rodríguez e Kevin Santos e por tanto, un encontro emotivo onde había moitas ganas de agradar por parte dos xogadores verdinegros.

O rival, o Nova Xestión Pavillón de Ourense, chegaba a Carballo sen xogarse nada no envite, do mesmo xeito que os bergantiñáns e todo parecía disposto para asistir a un espectáculo de bo balonmán ante a inexistente presión por parte de ambos os equipos. O Laber Xiria mostrouse moi superior ao longo do sesenta minutos, baseando a vitoria final nun xogo vistoso e veloz, acenos deste conxunto ao longo da actual tempada. A diferenza, que xa era importante ao termino dos primeiros trinta minutos (17-10), seguíu aumentando na segunda parte até o definitivo 41-23 e os xogadores, a pesar que se mostraron un tanto irregulares nesta Copa Federación, terían o xusto recoñecemento por parte da bancada á excelente tempada ligueira (subcampións) e sobre todo, ao seu camiño nas categorías base do club. A todos eles, desexarlles a mellor das sortes, tanto no balonmán como na vida e agradecerlles o seu esforzo e constancia ao longo de todos estes anos.

Laber Xiria: 41 (17+24). Antonio Mato (P), Carlos Vilanova (11), Gabriel Castiñeiras (3), Juanka (7), Ronaldo Durán, Roi Alfeirán (1), Borja Rodríguez (1) –Equipo Inicial- Alex Figueroa (3), Manuel Souto (P), Kevin Santos (1), Daniel Esmorís (1), Iván Calvo (3), Diego Morandeira (1), Francisco Rey (5), José Pereira (4).

Nova Xestión Pabellón: 23 (10+13). Manuel, Pablo Fernández (3), Diego (4), Alex, Dani (1), Raul (1), P. Rodríguez (2), Javi (11), David, Jesús, Gabriel, Manuel (1).

Parciais cada 5´: 2-2/6-3/10-5/12-7/13-9/17-10/Descanso/24-13/27-15/31-18/33-21/37-21/41-23/Final.

Colexiado: Pablo Barreiro. Excluíu con dous minutos a Kevin Santos e José Pereira polos locais e a Javier e Diego polos visitantes.

Incidencias: Encontro da derradeira xornada da Copa Federación en categoría xuvenil, disputado no Vila de Noia ante un centenar de seareiros.

Fotos do encontro:

FB_IMG_1463253761328

FB_IMG_1463253824437

FB_IMG_1463253830838

FB_IMG_1463253870666

FB_IMG_1463253909216

FB_IMG_1463253915709

FB_IMG_1463253970027

FB_IMG_1463253985360

FB_IMG_1463254018256

FB_IMG_1463254059559

FB_IMG_1463254073232

FB_IMG_1463254097056

FB_IMG_1463254198176

FB_IMG_1463254212270

FB_IMG_1463254253285

FB_IMG_1463254289932