O Laber Xiria cae diante do Balonmán Lalín

Laber Xiria 35 – Clínica Deza Lalín 39 (19-20)

Fóiselle complicando o partido ao Laber Xiria co transcurso dos minutos, primeiramente non atopaban o sitio en defensa e permitían ao Lalín marcar con facilidade en cada ataque, so na faceta goleadora o Laber se mantiña no encontro, empate a 12 nos primeiros 15 minutos. Cobraban os carballeses nunha boa reacción vantaxe 15 a 12 tras un tempo morto e cambio de defensa, pero a xogada que ía cambiar o partido e con ela tamén o criterio arbitral chegou no minuto 18, coa expulsión de Álex Gómez, unha decisión exaxerada sobre un xogador no que levaban mallando dende o primeiro minuto. Vantaxe mínima para os dezanos ao descanso 19 a 20.
Intentou o Xiria, darlle a volta e amosar outra cara no partido, pero moitas veces polas malas decisións, a baixa intensidade e sobre todo pola mala xestión do arbitraxe, moi permisivo co rival e demasiado riguroso co Laber, foi cedendo ata chegar a máxima diferenza no marcador final 35 a 39

Laber Xiria 35 (19): Diego Lema, Julio Ferreiro e Pedro Pena (porteiros), Alex Gómez 7, Franco Rial 3, Toni Calvelo 2, Mario Cancela 7, Carlos Varela, Pablo Esmorís, Aaron Rodríguez 6, Javi Rodríguez, Fer Mallo 4, Iker Martínez 3, Alex Puñal, Adrián Mesejo 3

Clínica Deza Lalín 39 (20): Alberto Otero, Juan Lago 7, Isaac Couso 14, Rodrigo Conde, Miguel garcía 6, Xabier Crespo, Diego Gil 2, Xian Baldomero, Cristian Expósito 4, Antonio Canda 3, Alberto Rodríguez 2 e Adrián Ferradás 1

Arbitraron: Pablo Torreiro e Rubén Iglesias.