O Laber Xiria cede en Lalín nun partido complicado

Balonmán Lalín 26 – Laber Xiria 24 (15-11)

Complicado porque visitaba un das canchas máis difíciles da División de Honra, e porque co paso dos minutos foi perdendo efectivos.

Do mesmo xeito, o Lalín, equipo chamado a estar pelexando polo título, tamén presentaba baixas importantes no seu cadro, polo que o Xiria tiña e debía aproveitar a ocasión para facer fronte ao rival.

Bo inicio cun Laber Xiria centrado e coñecedor de que tiña que pecharse sobre o pivote do Lalín, Rudas, un xogador de moitos kilos e envergadura, defensa 6:0 con saídas puntuais sobre os lanzadores e atenta para saír a contra. No ataque o balón fluía con criterio e íanse acadando boas posición de lanzamento, dominaban o encontro os de Carballo pero xa na primeira metade Alex Gómez e posteriormente Brais Vila tiñan que deixar a pista por sendas lesións, polo que o Laber Xiria perdeu sobre todo efectivos e centímetros na defensa para o resto de partido.

Volcouse e foi a polo partido na segunda metade o Xiria, por veces sendo superior ao seu rival, pero nunha pista coma esta, os erros ao final pasan factura, así como un arbitraxe moi caseiro concedendo sempre vantaxe cara os locais en moitas das xogadas que prexudicaron en exceso ao Xiria.

Escapóuselle ao Laber una boa oportunidade para puntuar en Lalín, agora na espera da recuperación de todos os mancados o equipo recibirá a visita do Balonmán Cisne.

Balonmán Lalín 26 (15): Rodrigo Conde (porteiro) Juan Lago 6, Xián Baldonedo, Manuel Gil, Javier Iglesias 10, Alberto Otero 4, Cristian Expósito, Santiago Peña 1, Carlos Gangado e Rudas Fernández 5

Laber Xiria 24 (11): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 3, Alex Gómez 3, Mario Cancela 7, Adrián Mesejo 2, Dani Mallo , Franco Rial 2, Aaron Rodríguez 1, Brais Vila, Ivan Hernández, Renzo Díaz, Andrés Urbieta 6 e Manuel Rama.

Arbitraron Pablo Alvarez e Julio Bouzas, perxudicaron en exceso ao Xiria