O Laber Xiria cede na final contra o Seis de Nadal conseguindo o sub campionato de Copa Federación

O Laber Xiria cede na final contra o Seis de Nadal conseguindo o sub campionato de Copa Federación

O sábado vencía a un Balonmán Tui extra motivado e que vendeu cara a derrota, pero non tivo opcións o domingo de facer fronte aos vigueses do Seis do Nadal que se amosaron superiores.
SEMIFINAL: Balonmán Tui 33 – Laber Xiria 34 (15-14)
O Tui presentouse no inicio do encontro con moita intensidade e sobre todo con acerto cara gol, accións rápidas e efectivas que dobregaban o xogo do Xiria que tardou en aclimatarse sobre o terreo de xogo. Foi atopando sensacións e pechando a súa defensa o Laber a medida que transcorrían os minutos, algo que servía para igualar o choque pero que impedía cobrar distancia no marcador para xogar máis relaxado. Marchaban ambos equipos para o vestiario con diferenza dun gol para os locais, arroupados durante os 60 minutos polo seu público.
Na volta de vestiarios o Laber amosouse superior, superaba perfectamente a defensa aberta prantexada polo Tui, marcando con facilidade, pero as decisións arbitrais condenárono a ter que xogarse o encontro nos derradeiros minutos, onde aguantou o tipo e soubo facerse co pase a final da Copa Federación.

Balonmán Tui 33 (15): Xabier Martínez e Pablo Solleiro (porteiros) Diego Rodríguez 1, Raul Fernández 9, Adrián Areal , Alex Rey 7, Iago Pazos, Iago Pereira 3, Ismael Domínguez 4, Ivan Pérez 9, Juan Casares e Sergio Rebellado

Laber Xiria 34 (14): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 2, Alex Gómez 12, Mario Cancela 9, Dani Mallo 5, Franco Rial 1, Aaron Rodríguez 1, Brais Vila, Renzo Díaz 1, Diego Antelo 2, Adrián Mesejo 1 e Manuel Rama.

Arbitraron José María García y Patric Espada, prexudicaron en exceso ao Xiria

FINAL: Seis do Nadal 32 – Laber Xiria 22 (18-8)

Era consciente o Laber do potencial do seu rival na final, o equipo vigués amósase como unha das mellores defensas da categoría arroupada por un gran porteiro, e con gran versatilidade de xogadores no ataque capaces de aproveitar calquera mínimo erro do rival. O Laber tiña que cerrar ben as liñas defensivas, especialmente o centro da defensa, recuperar balóns coas paradas dos porteiros ou buscar os erros do rival para saír en velocidade a contra, darlle ritmo ao encontro.
Comezou moi metido no encontro o Laber cun Diego Lema moi acertado baixo paus, e imprimindo velocidade ao ataque, pero nese preciso instante o partido veuse metido nunha cadea de erros arbitrais que prexudicaban aos carballeses, cada acción de ataque do equipo vigués era acompañada de sete metros e exclusión para o Xiria, dez minutos nos que ademais o xogadores perderon os nervios ante a actitude arrogante dun dos colexiados. O partido tornou totalmente, o Xiria fora de sitio e o Sedona aproveitando para ir poñendo terra de por medio no marcador, por veces os carballeses atoparon o rumbo do encontro pero nas finalizacións atoparon o meta rival, con todo chegouse ao descanso 10 goles abaixo, practicamente sentenciada a final.
Conxurouse o equipo no vestiario para saír a xogar con máis calma, afastar os nervios e poñer o resto no encontro, e así o fixeron os xogadores sobre a cancha. Cun soberbio Julio de inicio na portería e con acerto e velocidade cara a portería contraria, o marcador pasaba do 18 a 8 do descanso a un 18 a 13 cinco minutos despois, o Xiria atopaba o camiño para facer dano ao Sedona, contiña o ataque dos vigueses e o máis importante, cría na vitoria, pero pouco dourou a alegría, novamente o mesmo colexiado empezou a tirar de repertorio contra do Laber e volveu a sacar de quicio aos xogadores inventando infraccións onde non había, volveu o nerviosismo ao equipo e o Xiria foise diluíndo do partido.
Xusto vencedor o equipo vigués do Seis do Nadal e unha pena que causas alleas non lle deixaran disputar a final ao Laber Xiria.

Seis do Nadal 32 (18): Víctor Doval e Gael Míguez (porteiros) Daniel Salgueiro 3, Isaac Cabanelas 1, Samuel Couto 2, Marcos Domínguez 3, Antonio Branco 2, Xurxo Rivas 10, Víctor Iglesias 6, Xabier Soutullo 2, Pablo Neir, Rodrigo López, Lois Seijo 2, Iago López 1 e Anxo Prieto.

Laber Xiria 22 (8): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 1, Alex Gómez 7, Mario Cancela 6, Dani Mallo 1, Franco Rial 2, Aaron Rodríguez 2, Brais Vila, Renzo Díaz, Diego Antelo, Andrés Urbieta 3, Ivan Hernández, Adrián Mesejo 1 e Manuel Rama.

Arbitraron José María García y Patric Espada, lamentable actuación