O LABER XIRIA CLASIFÍCASE PARA A LIGA OURO

A pasada fin de semana o Laber Xiria ven de xogar o Play-Off de ascenso a Liga Ouro en Cangas, nun grupo que enfrontaba ao Bm Luceros, Maruxía Arteixo, Bm Carpintería Jar Lalín e o Laber Xiria. Neste play-off clasificábanse os dous primeiros equipos, polo que os catro se xogaban unha parte importante da tempada.

(Venres) MARUXÍA ASESORES ARTEIXO 13 – LABER XIRIA A 41

O venres comezaba a competición e o Laber saliu enchufado ao campo, consciente de que cada partido deste play-off era moi importante. Grazas e esa intensidade o Laber conseguía un parcial inicial que facía que o partido se puxera moi de cara para os carballeses. A partir de ahí o Laber foi capaz de manter os ritmos do partido facendo que en todo momento o partido estivera controlado.

 

(Sábado) LABER XIRIA A 37 – LUCEROS 43

O segundo partido foi contra o equipo anfitrión, o cabeza de grupo. O partido presupoñíase compricado debido ao nivel e ritmo que lle impoñen aos partidos os de Cangas. De este xeito ao comezo do partido os carballeses tiñan dificultades para frear a segunda oleada das contras do Luceros, e así subían as primeiras diferenzas ao marcador. A partir do minuto 15 da primeira metade os carballeses asentáronse no partido e conseguían igualalo a base de boas defensas e boas decisións no ataque posicional, con todo, un par de imprecisións facían que os de Cangas se puxeran dous goles arriba ao descanso.

Na segunda metade o Laber conseguía manter o partido igualado, pero aos poucos as contras do Luceros volvían a resultar positivas para os locais e así volveron a distanciarse no marcador ata o 37-43 final.

 

(Domingo) CARPINTERÍA JAR LALÍN 16- LABER XIRIA A 34

Despois do resultado adverso do día anterior o Laber xogábase gran parte da tempada neste partido. De este xeito saliu ao partido con una defensa moi intensa e moi dinámica que dificultaba os ataques dos lalineses e facía que recuperásemos balóns, sen embargo nos primeiros minutos estivemos moi errados no lanzamento. Con todo a defensa conseguía manterse a un moi bo nivel e facía que pouco a pouco a distancia no marcador se fose agrandando.

Na segunda metade o Laber continuou co seu bo facer na defensa e fixo que sentenciase o partido e, deste xeito, o Laber se clasificase para a Liga Ouro.