O Laber Xiria disputará esta fin de semana o Play Off

O Laber Xiria disputará esta fin de semana o Play Off Xuvenil Masculino División de Honra en Carballo.

Logo do cambio no sistema de competición, o Laber Xiria terá que disputar este fin de semana xunto cos equipos  Acanor Atl. Novás (de O Rosal – Pontevedra) e o Nova Xestión Pabellón (de Ourense) un Play Off para poder xogar esta tempada na División de Honra.

O Play Offf disputarano 12 equipos xuveniles, en catro sedes, Carballo, Coruña, Vigo e Redondela, de onde seis equipos, o primeiro clasificado de cada grupo e máis os dous mellores dos catro grupos, lograrán o dereito para a disputa da División de Honra.

O equipo carballés, adiantou a súa pretempada na que disputou un par de amigables contra o Oar Coruña e Balonmán Culleredo para prepararse. Chega a esta cita con moita ilusión a pesares de ter un equipo de xogadores novos, de primeiro ano e varios cadetes nas súas filas.

Os encontros xogaranse no Pavillón Vila de Noia venres, sábado e domingo:

________________________________________

Venres 7 setembro  20:30

Acanor Atl. Novás   –   Laber Xiria

________________________________________

Sábado 8 setembro 12:15

Nova Xestión Pabellón  –  Acanor Atl. Novás   

________________________________________

Domingo 9 setembro 12:15

Laber Xiria – Nova Xestión Pabellón