O Laber Xiria gaña na volta ao Vila de Noia

O pasado sábado, día 14, o Laber Xiria voltaba a xogar no Vila de Noia. Sen embargo, desta volta ía a ser unha xornada atípica entre protocolos, novas regras e a grada do pavillón vacía polas medidas restrictivas nas que se atopa Carballo. Todo isto fai que poder xogar un partido ao  deporte que lle apaixoa sexa un premio.

Deixando atrás o anteriormente dito, os equipos comezaron o partido moi acertados en tarefas ofensivas e, pola contra, pouco axustados nas tarefas defensivas. Foi co paso dos minutos cando o Laber conseguía axustar a súa defensa 5-1 ante as continuas accións de dous para dous do ataque dos de Culleredo. A este axuste defensivo temos que sumarlle o empuxón que supuxo a rotación, pois, os cambios fixeron que o equipo en vez de notar o cansanzo de xogar coa máscara mantivera o ritmo alto do xogo. Deste xeito, con unha boa liña de traballo o Laber conseguía marcharse no marcador ao descanso (18-12).

A volta do tempo de descanso o Laber conseguía manter o xogo, intenso na defensa e, rápido e directo no ataque. Con todo, por intres o Culleredo conseguía facer dano na defensa local con dobre pivote, máis o Laber soupo axustar. O Laber mostrouse máis solvente ca no partido de ida e conseguiu manter e incluso ampliar a distancia a pesares de ter demasiados erros de lanzamentos claros.

Con todo o equipo mellorou e sigue a liña marcada. Esperamos seguir desfrutando para a fin de semana da nosa paixón.

LABER XIRIA 33 (18+15)

N.3 AARON RODRIGUEZ SUAREZ (5)
N.4 ESTEBAN PUÑAL SUAREZ (2)
N.5 MARIO CANCELA COUTO (8)
N.6 PABLO ESMORIS CAMPOS (1)
N.7 FERNANDO MALLO CARRACEDO
N.11 JULIAN GARCIA COBELO (4)
N.12 JESUS MIGUEL GOIMIL ARES 
N.13 ANDRES GARCIA VAZQUEZ
N.16 MATEO PALLAS GARCIA
N.17 JUAN MARTIN FAJARDO MARTINEZ
N.20 DIEGO ANTELO CAMPOS (7)
N.23 MARTIN FUENTES POMBO (3)
N.30 ALEX PUÑAL SUAREZ
N.31 CARLOS VARELA GARCIA (2)
N.32 DARIO JOSE CALVIÑO RAMA (1)

BM CULLEREDO TÉCNICOS 115 26 (12+14)

N.3 BRAIS PEREZ CASTELO (1)
N.4 XOEL GARRIDO OTERO (3)
N.5 MARTIN INSUA GOMEZ (2)
N.8 PABLO GOMEZ GONZALEZ (1)
N.10 DANIEL DEL RIO FRADE (3) 
N.12 JORGE LOPEZ DE LEON
N.44 MANUEL GOMEZ GONZALEZ (1)
N.48 GUILLERMO SEIJO RODRIGUEZ (3) 
N.55 NUNO LOXO GARCIA (5)
N.74 SENEN GAREA GUTIERREZ (2)
N.80 MATEO DIAZ FERNANDEZ (2)
N.82 ADRIAN DIAZ RODRIGUEZ (3)