O Laber Xiria, máis preto do seu obxectivo final

O Laber Xiria de Carballo, saíu vitorioso do seu encontro ante o Seis Do Nadal. Os bergantiñáns, que liquidaron un dos partidos máis complicados que lles quedaban nesta recta final, tiveron que sufrir durante o sesenta minutos para sumar os dous puntos en xogo e achegarse, desta forma, ao obxectivo de acadar esa segunda praza que ocupan na actualidade e que da acceso ao campionato de España.

Comezaron os verdinegros excesivamente atenazados, quizá pola responsabilidade do que había en xogo, afrontando a súa cuarta final noutras tantas semanas. Os olívicos, moito máis liberados neste aspecto, amosabanse animosos, cunha notable desenvoltura e poderosos no 1×1. O primeiro acto resultou de claro domino local, cun equipo bergantiñán errático nas súas accións e até 10 perdidas de balón neste tempo. Un 4-3 de parcial entre os minutos 20 -25, establecía a maior diferenza entre os de Vigo e o seu rival (11-8), pero os de Xiria conseguían reaccionar no último instante para deixar todo por resolver cara a continuación (13-12).

Na segunda parte, o Laber Xiria tardou a penas cinco minutos en igualar a contenda (16-16), pero non foi capaz de adiantarse no marcador até mediado este tempo (21-22). A partir deste momento, os de Carballo xa non volveron estar por detrás no marcador, rompendo o encontro no últimos cinco minutos grazas á profundidade defensiva que posibilitou o roubo de balóns e a saída ao contragolpe. Un 27-31 a favor dos visitantes neste momento, daba tranquilidade á afección de Carballo, xa que parecía que agora si, a vitoria, non se podía escapar. A diferenza entre un e outro equipo, seguiría aumentando cun último parcial de 2-3 até o 29-34 final que enchía de algarabía a todos os seareiros bergantiñáns.

Con tan só tres partidos por disputar, o Laber Xiria afrontará unha nova saída a semana que vén, quizá o encontro máis complicado desta recta final. Os da SAR de Redondela, atópanse nun gran estado de forma e veñen de derrotar a conxuntos tan complicados como o Luceros a domicilio ou BM.Lalín.

Seis Don Nadal: 29 (13+16). Martín, Gayo (1), Mikel (5), Álvaro (7), Diego (7), Alberto (9)-Equipo Inicial- Gonzalo, Lucas, Jorge, Anxo, Raul, Borja, Rubén

Laber Xiria: 34 (12+22). Daniel Buño, Damián Rodríguez (1), Iván Campos (7), Enrique Pena (7), Manuel Rial (5), José Pereira (2), Iván Calvo (7)-Equipo Inicial-Antonio Mato, Andrés Barca, Gabriel Castiñeiras, Alex Figueroa, Borja González, Diego Gago (2), Borja Rodríguez, Dani García (3).

Parcial cada 5´: 1-0/4-2/5-4/7-5/11-8/13-12/Descanso/16-16/19-18/21-22/23-25/27-31/29-34/Final.

Árbitros: Oscar e Mario Fdez. Excluiron con dous minutos a Diego, Álvaro e Mikel (2) polos lo cais e a Dani García eIván Calvo (2) polos visitantes.

Incidencias: Encontro da 20ª xornada da DH en categoría xuvenil disputado no pavillón de Coia en Vigo ante a presenza de numerosos seareiros desprazados dende Carballo.

Foto do encontro:

JUVENILES SEDONA

 

Clasificación 20ª xornada:

 

Captur sedona