O Laber Xiria perde a tensión dos últimos encontros e cae ante o Octavio nun mal partido

Academia Octavio Pizza Móvil – 32 (17+15): Pablo, Iago (1), Carlos (1), Rodrigo (4), Víctor (1), Miguel, Adrián, Rubén (11), Borja, Fernán (3), Daniel (6), Diego (5) e Samuel.

Laber Xiria – 29 (12+17): Tito, Dani Gª (4), Iván Calvo (9), Borja (2), Jose (2), Lolo (1), Diego (2), Borja, Alejandro, Gabriel (7), Iván Campos, Andrés e Antonio.

O Laber Xiria relaxou demasiado a tensión tras os últimos partidos de Liga, onde se xogaban a clasificación para o Campionato de España, recentemente acadada no último encontro contra o Bm. Porriño. O Octavio non desaproveitou a ocasión para dobregar a un rival que non amosou en absoluto a súa mellor versión.

Os carballeses comezaron mal o encontro, descoidando moito a marcaxe ao pivote, referencia dos olívicos en ataque, e xogando con pouco criterio nas accións ofensivas, caendo continuamente ao centro onde agardaban os defensores máis altos do Octavio que se fartaron a blocar lanzamentos. (Min.10 8-2).

Co paso dos minutos o equipo mellorou en ataque, o xogo con Diego no pivote daba os seus froitos, e os lanzamentos exteriores dos nosos primeiras liñas comezaban a chegar a portería. Sen embargo a falta de concentración en defensa impedía darlle a volta ao marcador. (Min.26 14-11).

Na segunda metade o Octavio dedicouse a levar o tempo do partido manexando ben a súa vantaxe e impedindo que o Xiria se achegase no marcador. (Min.47 21-17) e (Min.54 29-25). Neste tempo cabe destacar a Iván Calvo, que volveu ser a referencia do equipo, tanto en defensa como en ataque, amosando unha intensidade superior aos demáis xogadores.

O equipo xuvenil aproveitou o encontro para dar relevo a xogadores máis habituais e as rotacións foron constantes en todo o partido.

Clasificación Final:

Clasificación juvenil

Fotos do encontro: