O LABER XIRIA QUEDA FORA DAS SEMIFINAIS LOGO DE PERDER CONTRA O PORRIÑO

LABER XIRIA 35 (31)- PORRIÑO 38 (31)

O Laber disputaba na casa o encontro de cuartos de final de Copa Sponsor contra un rival que quedara por encima de eles na liga regular como é o balonmán Porriño. O encontro retrasouse debido a un erro alleo aos equipos implicados non asistiu árbitro ao encontro e foi un adestrador do equipo local o que impartiu xustiza.

O partido comezou con moita igualdade no marcador, sen coller ningún dos dous equipos distancias no marcador. Logo das dúbidas iniciais o Laber nunha gran conxunción entre defensa e portería lograba poñer as primeiras distancias importantes no marcador ata chegar ao descanso con 17-13 no marcador. Así o Laber completaba unha primeira metade seria en toda- las facetas do xogo.

A volta dos vestiarios a imaxe do Laber mudou, perdiu a confianza e mobilidade no xogo de ataque e na defensa non foi quen de frear o xogo na zona dereita do ataque dos de Porriño. Foi así como pouco a pouco o Porriño conseguía remontar o partido. Sen embargo, nos últimos 10 minutos o Laber volvía a subir un punto no seu xogo e conseguía chegar así a última acción do partido un gol por encima no marcador. Nesta acción final o Porriño tivo unha acción final de golpe franco a tempo parado que conseguiu marcar e así forzar a prórroga. Na prórroga o Laber estivo moi precipitado e pouco acertado polo que se lle acabou marchando o partido e polo tanto as semifinais da Copa Sponsor.