O Laber Xiria, conxunto xuvenil de Escolas Balonmán Xiria que milita na liga de División de Honra desde a súa creación, conseguíu por segundo ano consecutivo o subcampionato de liga ao termo da competición regular este Sábado 12 de Marzo. O encontro que nesta última xornada enfrontaba en Ourense aos carballeses contra o Nova Xestión Pavillón, non tiña ningunha transcendencia, cos verdinegros matematicamente clasificados en segundo lugar detras do Bueu, proclamado xa campión de liga e os ourensáns últimos e perdiendo xa a categoría fai algunhas xornadas. Neste contexto, o envite tornouse nun puro tramite sen intensidade por parte dos dous conxuntos, uns, desexosos de terminar o campionato ligueiro e renovar ilusións e obxectivos de face ao ano que vén e outros, coa mente posta no play-off que dá aceso ao campionato de España e que se celebrará o primeiro fin de semana de Abril en Carballo.
Os dous equipos, con importantes ausencias nos seus persoais por un ou outro motivo, comezaron fríos no pavillón dos Remedios nunha mañá primaveral. As imprecisións e o ritmo pausado eran a tónica habitual nestes primeiros trinta minutos e o Laber Xiria dominaba o marcador grazas ao maior talento individual. O 11-17 ao descanso non parecía unha renda definitiva para os verdinegros, pero a pouca resistencia do Pavillón, facía entender o contrario. Así foi e tras o paso por vestiarios, os bergantiñáns ampliaron a súa vantaxe até o dez goles de diferenza en apenas oito minutos, moito máis centrados na retagarda e facendo valer o contragolpe como arma letal. A diferenza seguiría aumentando até ese definitivo 22-37, que pon o pano a unha competición onde os de Xiria mostraron unha boa regularidade, tan só superados na táboa polo BM.Bueu. É realmente meritorio que ano tras ano o equipo se situe nos postos máis altos da táboa da DH e entre os mellores conxuntos galegos, sempre competitivos e cuns resultados, tanto individuais como colectivos a apuntar, sendo, habitualmente, o conxunto con mellor diferenza de goles e menos goleado da liga con ampla diferenza, tal e como volveu a ocurrir esta tempada.
A partir de aquí e ao contrario doutros anos, o segundo posto non dá acceso directo ao campionato de España e este terase que conseguir nun play-off onde o 2º,3º e 4º desta liga de DH máis o campión de segunda, enfrontásense nun fin de semana por unha praza no intersector nacional. Os carballeses, como subcampións de liga, gañáronse o dereito a disputar este play-off en Carballo, evento que terá lugar o 1,2 e 3 de Abril no Vila De Noia.
Nova Xestión Pabellón: 22 (11+11). Manuel, Pablo Fernández (4), Diego (2), Raul (2), P. Rodríguez, Javi (11), David, Jesús (3), Gabriel, Manuel. Feijoo, Alex.
Laber Xiria: 37 (17+20). Manuel Souto (P), Kevin Santos (5), Alex Figueroa, Juanka (9), Roi Alfeirán (2), Iván Calvo (5), Borja Rodríguez (2) –Equipo Inicial– Tito (2), Daniel Esmorís (3), Ronaldo Durán (2), Gabriel Castiñeiras, Francisco Rey. (7).
Parciais cada 5´: 4-3/5-8/6-9/8-12/9-12/11-17/Descanso/12-21/16-26/18-28/19-29/21-34/22-37/Final.
Colexiados: Lucas Crespo e Pablo Álvarez. Excluiron con dous minutos a Diego (2) polos locais e a Kevin Santos, Iván Calvo, Juanka e Roi Alfeirán .polos visitantes.
Incidencias: Encontro da derradeira xornada da liga de División de Honra en categoría xuvenil, disputado no pavillón dos Remedios ante un centenar de seareiros.


