O Laber Xiria sucumbe diante dun Cisne moi superior

Club Cisne Balonmán 45 – Laber Xiria 29 (23-16)

O equipo carballés visitaba a cancha do líder, ata agora invicto e cunha plantilla formada por xogadores de moita calidade. Si ben no partido da primeira volta o Laber fixo fronte aos pontevedreses, neste partido as presas e imprecisións, así como a pouca intensidade e concentración defensiva pasaron factura cun marcador final de 45 a 29.
Nos primeiros compases o Xiria estivo acertado no ataque, o que o levou a estar momentaneamente por riba no marcador, pero no momento que chegaron as presas foi o Cisne quen dominou o encontro, saíndo e convertendo a contra con facilidade cada vez que o Xiria erraba no ataque, resultado 23 a 16, demasiados goles ao descanso.
Pechou máis a defensa o equipo carballés na segunda metade e intentou xogar con máis criterio, pero as sensacións foron as mesmas, un Laber que ía por detrás e un Cisne que golpeaba a cada erro ou despiste do rival.

Club Cisne Balonmán 45 (23): Anxo Fraga e José Cerqueiro (porteiros) Mateo Arias 7, Carlos Alvarez 10, Sergio Alvarez 4, Daniel Virulegio 2, Román Arboleda 4, Jaime Leira, Marco García 1, Juan Cuenca 3, Javier Iglesias 8, André de Moura 4, Alex Rey 1 e Fernando Alvarez 1

Laber Xiria 29 (16): Diego Lema, Julio Ferreiro (porteiros) Alex Gómez 15, Dani Mallo 5, Franco Rial 1, Aaron Rodríguez 1, Adrián Mesejo 2, Diego Antelo 1, Toni Calvelo 1, Carlos Varela 1, Pablo Esmorís, Fer Mallo, Alex Puñal e Esteban Puñal 2.

Arbitraron Catarina Adao e Andrea Martínez